fondo
Logo Conseller�a
Logo Agacal
CIAM
Instalaciones CIAM
actividades > Prensa
Nº: 4 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo

Data: 04/07/2022

portada

DESCARGAR Nº 4 DA REVISTA PDF 

En Galicia contamos con tres centros de relevancia dedicados á investigación agraria que dependen da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal): o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM), o Centro de Investigación Forestal de Lourizán (CIF Lourizán) e a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega). Aínda que Agroexprés xurdiu cos traballos de investigación do CIAM - o centro de traballo do equipo de redacción -, a partir deste número a revista ábrese aos outros centros, o cal permitirá achegarvos contidos en novas liñas de traballo. Así, neste número temos o privilexio de presentarvos unha contribución expresamente para Agroexprés dunha investigadora do CIF Lourizán que leva 40 anos traballando na liña de investigación da produción de castaña. Tamén temos a sorte de poder incluír un traballo sobre o impacto de lévedos autóctonos na composición do viño Treixadura, realizado por investigadores da Evega.
 
Volvendo ao CIAM, presentámosvos un traballo que estuda a nutrición das vacas leiteiras en ecolóxico, e compáraas co  sistema convencional. Incluímos tamén un artigo sobre o efecto da rega no rendemento do millo forraxeiro, e outro que compara o rendemento e valor nutricional de varias especies pratenses. Falando de rendementos, temos un traballo pioneiro que emprega un programa informático para predicir as producións de raigrás. E nun momento onde se reaviva a importancia do uso eficiente dos fertilizantes, amosámosvos un artigo que estuda como podemos influír na fertilización nitroxenada do raigrás mediante a incorporación ao xurro dun inhibidor da nitrificación. 
 
E que imos facer con tanto millo e tanto raigrás?! No artigo “Ensilado forraxeiro: Aspectos básicos para un enfoque estratéxico”, os autores comparan as características dos ensilados de millo e os de herba e explican as claves para realizar un bo ensilado con cada un deles.
 

DESCARGA Nº1 DA REVISTA  AGROEXPRES (PDF)

DESCARGA Nº 2 DA REVISTA AGROEXPRES (PDF)

DESCARGA Nº 3 DA REVISTA AGROEXPRES (PDF)

DESCARGA Nº 4 DA REVISTA AGROEXPRES (PDF)

 

NOVIDADES DO CIAM

foto
01/12/2023
Nº: 7 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
25/10/2023
Taller: UTILIZACIÓN DAS APLICACIÓNS “RAX” DE RECOMENDACIÓN DE ABONADO CON XURROS (PROXECTO AC2021C-07)
foto
01/06/2023
Nº: 6 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
01/03/2023
Nº: 5 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
29/11/2022
Xornada Técnica: A FERTILIZACIÓN DAS PRADEIRAS
foto
28/11/2022
Xornada Técnica: INDICADORES BIOLÓXICOS E HIDROMORFOLÓXICOS DE BOAS PRÁCTICAS AGRARIAS

 

fondo

EMPRESA

PROXECTOS

ACTIVIDADES

PUBLICACIÓNS

APLICACIÓNS RAX

SOCIAL

Copyright 2019 - CIAM - Centro Investigacións Agrarias de Mabegondo - Todos os dereitos reservados